A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

20190206_133822-1

O 30 de xaneiro celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Para conmemorar o Día da Paz, na biblioteca puxemos a disposición da comunidade educativa unha chea de material para salientar a importancia de resolver os conflitos de maneira pacífica.

Ao mesmo tempo, sumámonos aos compromisos propostos polo SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ: http://sgep.org/tentemolo