Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Biblioteca organizou diversas actividades para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro.

Por unha banda, todo o alumnado sumouse á proposta da AELG levando a cabo as seguintes actividades:

Os máis pequenos/as recortamos dunha revista, xornal… imaxes ou palabras que tivesen relación cos sentimentos, as emocións ou cousas que están acontecendo no mundo e que eran importantes para nós. Despois, pegamos nun cartaz co do rostro de Rosalía as imaxes e as palabras elixidas a modo de colaxe.

Os medianos/as lemos poemas de Rosalía na aula e escollemos as catro palabras que máis nos gustaron compoñendo un pequeno poema de catro versos.

Os/as maiores investigaron sobre as ONG do noso país que traballan en asuntos relacionados coas migracións, os conflitos bélicos, a explotación no traballo, os prezos da vivenda…, logo buscamos imaxes actuais de que relectisen esas inxustizas e fixemos unha colaxe coa pregunta “Que diría Rosalía?”. Outros/as decidiron crear sentenzas ou breves poemas inspirados no traballo desas ONG.

Algúns dos resultados do traballo do alumnado de ESO podedes velos aquí:


Eis o manifefsto deste ano:

2023-Manifesto-da-AELG-no-Dia-de-Rosalia-de-Castro-1