COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA

Queres colaborar como bibliotecario/a?
Cales serían as túas funcións: Suxerir e axudar a elaborar as actividades, realizar o proceso de préstamo e devolución de libros, catalogar exemplares… e todo aquilo que se che ocorra.

ENQUISA

A biblioteca de secundaria está a sufrir un profundo proceso de remodelación e actualización.
Para saber cal é o camiño que debemos tomar, decidimos elaborar anualmente unha enquisa co obxectivo de coñecermos cales son as cousas que debiamos eliminar, cambiar ou mellorar.
No mes de xaneiro de 2019 os coordinadores do Departamento de Dinamización da Biblioteca de Secundaria, xusto antes da remodelación, procedimos a solicitar a vosa colaboración para cubrir a mencionada enquisa. Neste ano 2021, imos pola segunda edición porque a pandemia non nos permitiu realizala no ano 2020.
Prometimos que dariamos a coñecer os resultados e, como cumprimos as nosas promesas, aquí os tedes:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHBhD0sAwmCzyw1wYwEqSMY1rSSYzBloHHTOX2gv1BGw8rVQ/viewanalytics