O martes, 14 de febreiro, parte do alumnado da ESO visitou o Museo do Mar e as Salinae.

En ambas as dúas visitas, realizaron obradoiros relacionados coas actividades que esas entidades desenvolven:

No Museo do Mar realizaron o obradoiro titulado A FIN DO MAR!, que pretendía responder a dúas preguntas: Que é a economía circular? e estamos ante a fin do mar? O alumnado traballou sobre un novo modelo de consumo para debater sobre aquelas actividades que realizan tanto empresas como persoas, que poñen en risco a supervivencia de moitas especies mariñas e tamén cambalean a supervivencia do mar como fonte de recursos.

Nas Salinae levaron a cabo o obradoiro titulado ALARMA, OBXECTO ROUBADO! Neste caso tratábase de descubrir onde estaba unha valiosa xoia da época romana que foi roubada das vitrinas do mesmo edificio que estaban visitando. Segundo parece, había un grupo de ladróns que andaba moi preto do edificio. Os responsables do lugar precisaban a súa axuda para impedir que a xoia saíse da cidade.