Neste lugar podes consultar desde os títulos dos libros que temos na nosa biblioteca ata unha selección de recursos que diferentes institucións ofrecen de xeito libre e gratuíto, pero se tes algunha dúbida sobre algún dos recursos ou tes dificultades para acceder a algún, pregunta na biblioteca.


CONSULTA DESDE CASA QUE LIBROS TEMOS

A nosa biblioteca rexistra os seus libros por medio do programa MEIGA, que a Xunta de Galicia proporciona a todos os centros de ensino integrados no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia).

Se premes na imaxe, poderás dirixirte a un rexistro desde onde podes consultar calquera libro que se atope na biblioteca do colexio.
Tamén podes facer unha reserva dun libro e recollelo despois na biblioteca. É moi fácil!


QUE É GALICIA LE?

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Accede premendo na imaxe superior.

Se precisas axuda para entrar, pregunta na biblio.


E-LBE.2

E-LBE.2 (Lectura dixital para bibliotecas escolares) é unha plataforma de lectura en liña. Unha verdadeira biblioteca dixital que podes utilizar simplemente identificándote mediante un nome de usuario/a e un contrasinal que che facilitaremos na biblioteca. Non tes máis que achegarte, pedilo e a ler!

A plataforma E-LBE.2 depende da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Xunta de Galicia.

Podes consultar as instrucións de uso premendo aquí, pero se tes dúbidas, pregunta na biblio do cole.

Accede premendo na imaxe.


EBIBLIO

eBiblio é un servizo de préstamo electrónico a través de Internet, que as bibliotecas e servizos de lectura pública poñen a disposición do cidadán. eBiblio ofrece unha plataforma tecnolóxica que permite acceder ao catálogo e realizar o préstamo de obras en formato dixital para poder lelas en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores persoais ou lectores de libros electrónicos.

eBiblio está promovido polo Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración coas Comunidades Autónomas. O servizo de préstamo en Galicia é eBiblio Galicia.

Accede premendo na imaxe superior.


CANTIDADE DE RECURSOS EN LIÑA

A biblioteca do colexio pon á túa disposición unha serie de recursos accesibles desde a Internet para completar os fondos dos que dispón.
Este documento está en constante evolución para ir aumentando pouco a pouco o volume de recursos.
O documento está ordnado por materias e inclúe unha breve descrición para que non navegues a cegas e poidas atopar con facilidade aquilo que buscas.
Para consultar o documento, preme na imaxe.


LECTOR DE LIBROS ELECTRÓNICOS DA BIBLIOTECA: GUÍA DE USO E LIBROS QUE CONTÉN

kindle

Na biblioteca de secundaria están á túa disposición un par de lectores de libros electrónicos “Kindle”.
Podes levalos para casa en préstamo como calquera outro exemplar de papel.
Se non os sabes utilizar, preme na imaxe para consultar a súa guía de uso.
Tamén podes ver aquí os libros que contén, pasarte pola biblioteca e levar un.

A que estás esperando!


BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

A Biblioteca Dixital Mundial é unha biblioteca dixital internacional creada pola UNESCO e inaugurada o 21 de abril de 2009.
Os seus obxectivos son promover o entendemento internacional e intercultural; aumentar o volume e a variedade dos contidos culturais na Internet; proporcionar recursos a educadores, académicos e público en xeral; e conseguir, coa participación de institucións de diversos países, a redución da fenda dixital.​ Ademais, proponse ampliar contidos en idiomas, distintos ao inglés, así como de orixe non occidental e facilitar o acceso gratuíto e multilingüe ás distintas culturas do mundo. O material dispoñible inclúe manuscritos, mapas, libros raros, partituras musicais, gravacións, películas, fotografías, documentos de arquitectura, así como outros materiais culturais.

Accede premendo na imaxe superior.


MÁIS RECURSOS EN LIÑA:

  • Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia): Galiciana ten por obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices internacionais e nacionais. A súa misión, preservar e difundir de xeito virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
  • Minerva (Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela): Repositorio institucional da USC que da acceso as súas coleccións bibliográficas dixitalizadas e á produción investigadora e docente dos seus membros.
  • Repositorio da UDC (Repositorio da Universidade da Coruña. RUC): Repositorio institucional da UDC que recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC.
  • Carteis galegos: Colección de carteis depositados na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Nela pódense consultar carteis dende o ano 1958 ao 2011.
  • Biblioteca virtual galega: Proxecto realizado pola Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua e literatura galega.
  • Bivir (Biblioteca Virtual da Literatura Universal): Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).
  • Real Academia Galega (Biblioteca Virtual da Real Academia Galega): Biblioteca da RAG dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
  • Recopilación de materiais de ciencia en galego: Páxina web na que se ofrece unha selección de materiais de ciencia en galego: blogues, unidades didácticas etc.
  • eBiblioteca da Galeguidade: Web da Xunta de Galicia que recolle as publicacións sobre a diáspora galega editadas pola propia Xunta. As obras están dispoñibles para a súa lectura en liña e descarga en formato pdf.
  • Orella Pendella: Esta páxina ten como obxectivo difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos e as galegas do século XXI.
  • Léocho: Audiolibros en galego; sobre todo, clásicos, pero tamén hai outras cousas…
  • Europeana: Punto de acceso único a milleiros de recursos dixitais de arquivos, museos, bibliotecas e coleccións audiovisuais europeas coa contribución de máis de 2.200 institucións.
  • World Digital Library (Biblioteca Dixital Mundial): Biblioteca dixital que da acceso a materiais fundamentais de culturas de todo o mundo. Esta biblioteca intégrase no programa “Memoria do mundo” da UNESCO
  • Gallica (Biblioteca Nacional de Francia): Acceso á maior biblioteca dixital en lingua francesa da Biblioteca Nacional de Francia.
  • Proxecto Gutenberg: O Proxecto Gutenberg que ten como finalidade crear unha biblioteca de libros electrónicos gratuítos. Os textos que se proporcionan son principalmente de dominio público, ben porque se obtivo a autorización do autor ou titular dos dereitos de autor, ben porque estes dereitos xa expiraron e a obra se atopa en dominio público. Os libros poden lerse en diferentes formatos: Kindle, ePub ou en liña en formato HTML.
  • Library of congress: Acceso á páxina oficial da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos a biblioteca máis grande do mundo con millóns de libros, gravacións, mapas, manuscritos fotografías…
  • The British library: Acceso á páxina oficial da Biblioteca Nacional do Reino Unido.
  • BNP (Biblioteca Nacional Digital de Portugal): Acceso á Biblioteca dixital da Biblioteca nacional portuguesa.
  • LibriVox: Audiolibros de dominio público en múltiples linguas, incluido o galego, castelán e inglés. Contén, principalmente, obras literarias dirixidas ao público adulto e infantil.
  • CER.ES (Rede dixital de coleccións de museos de España): Esta páxina presenta un método didáctico práctico, baseado no entretemento, para ensinar e aprender xogando matemáticas, inglés, xeografía…
  • SID (Servicio de Información sobre Discapacidad): Portal xestionado pola Universidad de Salamanca, a través de INICO (Instituto Universitario de Integración en la Comunidad), e a Consejería de servicios sociales de la Junta de Castilla y León. SID forma parte de REDID (Red Española de Información sobre Discapacidad). Recolle novas, lexislación, información sobre prestacións etc. sobre esta temática.
  • Skool.es: Páxina web que recolle contidos sobre ciencia dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, profesorado, pais e nais. Conta co apoio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Universidad de Salamanca.
  • A ciencia é divertida: Páxina web do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Nela se recollen curiosidades científicas, experimentos, anécdotas etc.
  • Banco de imaxes e sons: Páxina web do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Contén unidades didácticas multimedia interactivas, ferramentas e recursos para as todas as materias do Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato que aproveitan as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías. Concretamente, esta ligazón dirixe ao seu banco de imaxes e sons.
  • ESA Kids: Páxina web da Axencia Espacial Europea que contén xogos sobre astronomía, novas etc. dirixidas aos cativos e cativas.
  • Europa Kids (Zona infantil da UE): Páxina da Unión Europea que contén xogos, vídeos e debuxos animados e, ao mesmo tempo, informa aos nenos e nenas sobre os seus dereitos.
  • Bvpb (Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico): Portal que ten por obxectivo a difusión mediante facsímiles dixitais de coleccións de manuscritos e libros impresos que forman parte do Patrimonio Histórico Español.
  • Biblioteca Escolar Digital (BED): A Biblioteca Escolar Digital do Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ten como obxectivo ser unha ferramenta útil para todas as persoas interesadas no uso e a incorporación das TIC na educación.
  • Prensa histórica (Biblioteca Virtual de Prensa Histórica): Portal que ten por obxectivo preservar e facer accesible a prensa histórica publicada en España.
  • Hemeroteca dixital: A Hemeroteca Dixital forma parte do proxecto da Biblioteca Dixital Hispánica, proporciona acceso público á colección dixital das revistas e prensa histórica española que alberga a Biblioteca Nacional.
  • Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: Esta biblioteca dixital de libre acceso ten por obxectivo a difusión da literatura e letras hispanoamericanas.
  • Biblioteca de Literatura Infantil y Juvenil: Sección da Biblioteca Cervantes Virtual dedicada á literatura infantil e xuvenil.
  • International Children’s Digital Library: Zona infantil e xuvenil da Biblioteca Dixital Internacional para Nenos da Universidade de Maryland.
  • Biblioteca Digital Hispánica (Biblioteca Nacional): Portal libre e gratuíto de documentos dixitalizados da Biblioteca Nacional de España
  • Hispana: Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais. Reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois constituíndose en agregador de contidos das coleccións dixitais.
  • Museos, esculturas, cadros e fotografías: Sen moverte da casa podes dar unha volta polos principais museos do mundo.
  • Museo de Pontevedra: Realiza unha visita virtual ao Museo de Pontevedra e contempla, entre outras, parte da obra pictórica de Castelao.
  • Le Louvre: Realiza unha visita virtual a este fantástico museo.
  • British Museum: Visita desde a casa o museo londinense máis famoso.
  • Muturzikin (Mapas lingüísticos de Muturzikin.com): Unha chea de mapas lingüísiticos de todo o mundo.
  • Nasa: Visita a páxina web da axencia espacial dos EE. UU. e contempla as espectaculares imaxes e vídeos que ofrece do universo.
  • Aprendo música (Actividades y juegos para aprender y practicar el lenguaje musical): Páxina web que contén xogos para a aprendizaxe de conceptos musicais: ritmos, notación musical…
  • El abuelo educa (Aprende jugando con el abuelo): Esta páxina presenta un método didáctico práctico, baseado no entretemento, para ensinar e aprender xogando matemáticas, inglés, xeografía…
  • Discapnet (Portal das Persoas con discapacidade): Iniciativa para fomentar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, cofinanciada pola Fundación ONCE e Technosite. Recolle recursos sobre discapacidade agrupados por áreas temáticas: dereito, educación, saúde, tecnoloxía, accesibilidade. Inclúe un canal junior e outro sénior, novas…
  • Titorial de internet básico e correo electrónico: Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina que inclúe as nocións básicas de Internet e correo electrónico, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles en Internet.
  • Contidos educativos: Web do Ministerio de Educación y Formación Profesional que contén unha selección de recursos educativos para todos os niveis: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.
  • Biblioteca de Literatura Infantil y Juvenil (Biblioteca de Literatura Infantil y Juvenil da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes): Biblioteca dixital de autoras e autores españois e hispanoamericanos de obras infantís e xuvenís, revistas, contos, bibliotecas de autor, fonoteca de obras clásicas, obradoiros, ligazóns institucionais… dirixido ao mundo da educación, edición, formación e investigación.
  • Ofimática básica (Titorial de ofimática básica): Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina para iniciarse no manexo do ordenador. Inclúe nocións básicas sobre programas ofimáticos e manexo do rato, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles na Internet.
  • Infancia e tecnoloxía: Páxina que ten por obxectivo un uso responsable das TIC por parte dos nenos e nenas.
  • Fotciencia19: Páxina dedicada á fotografía científica.
  • ICP: Centro Internacional de Fotografía de Nova Iork.
  • FFF: Forum de Fotografía de Frankfurt.
  • Museum Ludwig: Museo situado en Colonia e que recolle, entre outras disciplinas, unha interesantísima mostra de fotografías de acceso en liña.
  • Oficina de seguridade do internauta: A través desta web, a Oficina de Seguridad del Internauta (OSI) de INCIBE proporciona a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden existir ao navegar por Internet.
  • chaval.es: Iniciativa da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (Minetur) que ten como obxectivo superar a brecha dixital entre pais, nais e educadores respecto ao avance dos menores e adolescentes no uso das TIC.
  • Espacio Mayores: Espacio Mayores é a web do Imserso dirixida á cidadanía en xeral e ás persoas maiores en particular, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade para todas as idades.
  • El huevo de chocolate: Páxina web para os máis pequenos na que se recollen contos, tradicións, fábulas, cancións, adiviñas, trabalinguas, panxoliñas, refráns, xogos etc.
  • elaleph.com: Biblioteca dixital onde se ofrecen de xeito gratuíto textos de autores clásicos en español.

PORTELOS DE LIBROS E AUDIOLIBROS DIXITAIS LIBRES DE DEREITOS E DE DESCARGA GRATUÍTA

Bibliotecas virtuais galegas (Galego. Libros dixitais. Audiolibros)

Bibliotecas virtuais españolas (Castelán. Libros dixitais. Audiolibros)

Free ebooks (Multilingüe. Libros dixitais. Audiolibros)

Casa del Libro (Castelán. Previo rexistro gratuíto)

Bubok (Multilingüe. Previo rexistro gratuíto)

Loyal books (Multilingüe. Libros dixitais. Audiolibros)

Textos.info (Castelán)

Elejandria (Castelán)

Internet Archive (Multilingüe)

Open Library (Multilingüe)

Librivox (Multilingüe. Libros dixitais. Audiolibros)

Digitalbook.io (Multilingüe. Libros dixitais. Audiolibros)

Planeta Libro (Castelán. Libros dixitais. Audiolibros)