E-LBE.2 é unha plataforma de lectura e préstamo en liña. Unha verdadeira biblioteca dixital que podes utilizar simplemente identificándote mediante un nome de usuario/a e un contrasinal que che facilitaremos na biblioteca. Non tes máis que achegarte, pedilo e a ler!

A plataforma E-LBE.2 depende da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Xunta de Galicia.

Podes consultar as instrucións máis abaixo, pero se tes dúbidas, pregunta na biblio do cole.