Con motivo do Día Mundial da Poesía o Equipo de Dinamización da Biblioteca animou a toda a comunidade educativa a participar nunha actividade consistente en escoller un poema de autores/as galegos contemporáneos e traballar sobre el na aula. Ademais, realizouse un recital poético no bosque da escola que estaba engalanado utilizando diversos soportes cos versos elixidos polo alumnado.