cartel_dili_gl_0.jpg

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo co aniversario do nacimiento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os rapaces e rapazas do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.

220px-Antonio_García_Teijeiro_(AELG)-1.jpgO escritor Antonio García Teijeiro será o protagonista da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o salón programou diferentes actividades específicas entre as que cabe destacar a homenaxe ao profesor, escritor e crítico de literatura infantil.