O día 25 de novembro celebramos o “Día da erradicación da violencia contra a muller” cunha exposición colaborativa.
O alumnado e o profesorado do colexio participaron na elaboración e montaxe dunha exposición que pretende denunciar todos os tipos de violencia que sofren as mulleres.
Escollemos como protagonista a boneca Barbie, un claro exemplo de estereotipo de xénero. Inspirándonos na idea “Rompe, xoga en igualdade” patrocinada pola Deputación de Pontevedra e da que son autoras Isabel Blanco, Irene Silva e Noemí Chantada, desde a biblioteca do colexio convidamos ao alumnado e ao profesorado a que participase realizando unha intervención sobre as bonecas que simbolizase algún dos diferentes tipos de violencia exercida polos homes contra as mulleres. Xunto coa intervención, debían escribir un breve texto alegórico á situación representada.
A exposición está ambientada coa proxección de diversos vídeos musicais de cancións moi coñecidas que representan exemplos do machismo; ben como unha denuncia, ben como unha mostra. A canción que tomamos como referencia da muller que di basta é “La bambola” da italiana Patty Bravo:
Tu mi fai girar,
tu mi fai girar
come fossi una bambola
Poi mi butti giù,
poi mi butti giù
come fossi una bambola…
Ti fasme xirar,
Ti fasme xirar
coma se fose unha boneca
Logo tírasme,
logo tírasme
coma se fose unha boneca…
Exemplos do contrario lamentablemente hai de abondo. Un par de mostras:
Si, eu fago a comida.
Si, eu ocúpome da limpeza (…)
Si, ti es o xefe e respéctote…
(Hey Mama de David Guetta e Nicki Minaj)
Quiero una mujer bien bonita callada que no me diga naa
Que cuando me vaya a la noche y vuelva en la mañana no diga naa
Que aunque no le guste que tome se quede callada y no diga naa
Quiero una mujer que no diga naa (…)
Quiero que sepa bailar, que nunca salga sola
que nunca quiera pelear…
(La muda de Kevin Roldán e Cali e El Dandee)
“Amábaa, pero tiven que matala,
tiven que poñela baixo terra
e aínda podo oír como se queixa…”
(I used to love her” de Guns N’ Roses)
Ademais, completa a exposición unha mostra de poemas dos libros Penúltimas tendencias e Masculino singular de Carlos Negro e Moda galega de María Reimóndez.
Froito desa participación, xurdiu á exposición que ocupa o espazo habilitado da planta baixa do edificio de secundaria e que vos animamos a visitar.
Aquí podedes ver unha mostra das intervencións do alumnado e o profesorado:
Deixa unha resposta