O venres, 7 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO acode ao auditorio do Centro Cívico de Teis para asistir á conferencia titulada “A lingua galega: unha oportunidade”. O poñente é o escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC Manuel Núñez Singala.
Con Núñez Singala decubrimos que o galego estaría por número de falantes no posto 136 entre as máis de cinco mil linguas do mundo, que ademais ten unha forte presencia en internet e que todas as linguas son unha oportunidade e non necesitamos escoller unhas ou outras, se podemos utilizar varias.
Aprendemos, grazas a un par de curtametraxes sobre experimentos sociolóxicos, que moitas veces, de forma inconsciente, nos deixamos levar polo grupo sen reflexionar sobre todas as opcións. O poder do grupo é inmenso e, en moitas ocasións, non somos quen de ser nós mesmos/as.
O autor de Comedia bífida, Menú de enganos ou Instrucións para tomar café fíxonos valorar o regalo de ser bilingës ou plurilingës e, polo mesmo motivo, a importancia de manter viva a nosa lingua.
O Equipo de Dinamización da Biblioteca quedou moi satisfeito con esa saída pedagóxica porque alumnado valorou moi positivamente o relatorio de Núñez Singala.