Dentro do proxecto deste trimestre, relacionado co mundo do espectáculo, o venres 28 de febreiro visítannos os irmáns Bruno e Simón Casal para explicarnos cales son as ferramentas máis axeitadas para elaborar e gravar unha maqueta dunha canción. Desde a produción dunha base musical ata o propio proceso de gravación, pasando pola creación da letra, a súa versificación, a escolla de sons, a mestura… e todo ao alcance da nosa man.