Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.
Buero Vallejo enfrenta ao público coa realidade social do seu tempo e tamén cos grandes interrogantes da condición humana.
Claudio
é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non
participa, non é problemático, non destaca nin por arriba nin por
abaixo, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis
insoportable ata que Germán, o profesor de Lingua e Literatura,
manda escribir unha redacción sobre a última fin de semana. A
partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que
observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas
para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre
vaise convertendo nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para
quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e
o da literatura.