Máis ca nunca, nun momento no que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedar na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas e expandir os nosos horizontes, ao tempo que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.
O mes de abril, igual que o resto do ano, é un bo momento para roubar un anaco de tempo e ler só ou con quen che pete. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento persoal e promover o amor á literatura. (Adapt. UNESCO)
Botas de menos aos teus compañeiros/as? Non che gustaría volver ver as súas caras e sentirte preto? Pois dedícalles un tempiño. Comparte con eles/as dous ou tres minutos.
AÍ VAI A NOSA PROPOSTA…
Comparte ese libro, ese parágrafo asombroso, ese poema especial que che deixou coa boca aberta, que che fixo rir a cachón, que che puxo a pel de galiña, que non queres esquecer máis…
- Grávate co teléfono móbil lendo un parágrafo dun libro ou un poema que che guste especialmente. Non máis de dous minutos; temos que caber todas/os.
- Ponlle á gravación o título do libro ou do poema.
- Envíao a biblioteca@colexioandersen.es
- Compartiremos todos os vídeos neste mesmo blog.
Tíralle proveito ao confinamento!
Unha recomendación para ver e escoitar: Fran Alonso le algúns dos seus Street Poems
Unha recomendación para escoitar: https://open.spotify.com/show/6GNsk5Jl8jh5dkcC6GYf7y?t=0
Unha chea de recomendacións: https://www.youtube.com/results?search_query=booktubers+galego