MARIO BENEDETTI

Uruguai, 14 de setembro de 1920 – 17 de maio de 2009

Novelista, poeta, ensaísta, dramaturgo, crítico cinematográfico e xornalista, escribiu máis de 80 libros.
Estivo sempre comprometido socialmente e foi un activo loitador en contra da ditadura que asolou o seu país despois do golpe de estado de 1973 e que provocou o seu exilio.
Entre as súas novelas, non podemos esquecer “La tregua”, “Primavera con una esquina rota” ou “La borra del café”.
Benedetti colaborou tamén con diversas revistas e xornais, como El País, e publicou numerosos libros de poesía. Podes achegarte aos seus poemas na “Antología poética” que a editorial Alfaguara acaba de sacar á rúa e ler algún dos que aparecen máis abaixo.

Foron moitos os galardóns que recibiu en vida, dos que destacamos o Premio Reina Sofía de Poesía de 1999 e o Premio Iberoamericano José Martí de 2000.

Entrevistas a Mario Benedetti:

Programa A fondo (fragmento).
Programa Los desayunos de TVE.
Homenaxe do Instituto Cervantes con motivo do centenario do seu nacemento.

PEQUENA ANTOLOXÍA

Le máis poemas de Benedetti:
https://www.poemas-del-alma.com/mario-benedetti.htm
https://poemas.yavendras.com/mario-benedetti/