O artista gráfico Joaquín Salvador Lavado, universalmente coñecido como Quino, faleceu aos 88 anos. Saltou á fama polas súas tiras cómicas e polo seu personaxe máis difundido a nivel global: a pequena Mafalda.
Fillo de inmigrantes andaluces, naceu na cidade de Mendoza o 17 de xullo (aínda que nos rexistros oficiais conste nacido o 17 de agosto).
A irreverente  Mafalda foi, de todas as súas creacións, a que lle fixo  universalmente coñecido. Quino comezou a súa traxectoria como viñetista aos 18 anos, cando tras abandonar a Escola de Belas Artes trasladouse a Bos Aires. Foi en 1954, o ano en que publica a súa primeira tira cómica. Tivo que esperar nove anos despois para ver publicado o seu primeiro libro. (Nós diario)
Sitio oficial de Quino: https://www.quino.com.ar/
Unha wiki sobre Mafalda: https://mafalda.fandom.com/es/wiki/Mafalda

Na seguinte ligazón podes ver en liña varios dos libros de Quino.