AHÍ FUERA. GUÍA PARA DESCUBRIR LA NATURALEZA
Aínda que vivamos nunha grande cidade, sempre hai natureza aí fóra: nubes, estrelas, árbores, flores, rochas, praias, aves, réptiles ou mamíferos. Se estamos atentos/as, a natureza pode estar moi preto, preparada para sorprendernos coa súa beleza e con todas as preguntas que nos suscita.
Este libro pretende espertar a curiosidade sobre a fauna, a flora e outros aspectos do mundo natural que poden ser observados na nosa contorna.
Inclúe:
• Máis de 100 plantas e animais.
• Introdución ao tempo, a xeoloxía e o ceo nocturno.
• Caderno ilustrado en cor para axudar a recoñecer as diferentes especies.
LA VUELTA AL MUNDO EN 80 ÁRBOLES
As árbores figuran entre as compañeiras máis constantes e máis variadas da humanidade.
Desde o baniano sagrado da India ata o fragante cedro do Líbano, ofrécennos refuxio e inspiración… aínda que tamén as materias primas para a fabricación de todo tipo de artigos, desde aspirinas ata seda, lanzadeiras espaciais ou liñas telefónicas.
Neste libro viaxarás a través do tempo e das culturas e contarás coa aportación de datos científicos actualizados para demostrar que as árbores desenvolven un papel en todos os ámbitos da vida humana.
LA INCREÍBLE VIDA DE LOS PAISAJES
As paisaxes máis fermosas do planeta teñen historias incribles que contarnos. Historias xeolóxicas e poéticas que evocan o tempo durante o cal a Terra evolucionou ata adoptar a súa forma actual. Historias que dan conta tamén da vida dos seres humanos: todos aqueles, tan distintos, que foron quen de adaptarse a estes maravillosos territorios e construír ao redor deles fantásticas lendas e mitos.
Porén, eses mesmos seres humanos provocaron un impacto destrutivo sobre a natureza. Coñecer estes lugares, aprender a amalos, é o primeiro paso para defendelos.
LA VIDA SECRETA DE LOS ÁRBOLES: DESCUBRE SU MUNDO OCULTO
Nos bosques suceden cousas sorprendentes: árbores que se comunican entre si, árbores que aman e coidan as súas fillas e as máis vellas e enfermas veciñas; árbores sensibles, con emocións, con recordos. Incrible, pero certo!
Peter Wohlleben, garda forestal e amante da naturaza, narra neste libro fascinantes historias sobre as insospeitadas e extraordinarias habilidades das árbores. Reúne por unha parte os últimos descubrimentos científicos sobre o tema, e por outra as súas propias experiencias nos bosques; e con todo iso, ofrécenos un emocionante punto de encontro, unha maneira de coñecer mellor a uns seres vivos cos que cremos estar familiarizados pero dos que descoñecemos a súa capacidade de comunicación, a súa espiritualidade.
TERAPIA DEL BOSQUE
O contacto coa natureza comporta múltiples beneficios, tanto físicos como mentais. As árbores e a naturaza exercen un efecto sanador na mente e o corpo. É o que se coñece como aa terapia do bosque, unha práctica que conta con millóns de adeptos no mundo e que vai ganando cada día.
Este libro inclúe exercicios inspiradores e prácticos para facer en tan só 60 segundos.
EL LENGUAJE DE LOS BOSQUES
Este libro quere ser o camiño que escollas cando te adentres nun bosque,
quere que creza unha árbore na palma da túa man, amosar o alento e a respiración dos pasos nun sendeiro bordeado de árbores, o son do rastro sobre o manto de follas do outono.
FUNGARIUM
Este libro ofrece un verdadeiro museo de exquisitas e detalladas ilustracións dalgúns dos máis incribles organismos vivos deste planeta: os fungos.
Desde aqueles que vemos nos estantes dos supermercados ata aqueles que, como o penicilium, son fundamentais para entender a historia da humanidade.