Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o día 11 de febreiro ten lugar unha videoconferencia impartida por Raquel Sanchidrián (Responsable de Mellora Continua) e Paula Pérez (Responsable de Calidade en Proxectos), ambas as dúas traballadoras de Lear Corporation Pontevedra, S.A., sobre a súas experiencias como mulleres nos ámbitos académico, profesional e laboral.

Tal e como se recolle na páxina 11defebrero.org, nós tamén pensamos que é necesario recordar a urxencia de garantir e fomentar o acceso ao ámbito científico das nenas. Aínda que, a día de hoxe, a lei asegure a igualdade sen distinción de xénero, multitude de trazos inconscientes fan que as nenas opten menos por estudos do ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a inxeñaría e as matemáticas (STEM).