En que se diferencian os celos da envexa? Por que na nostalxia sentimos dor xunto a unha lixeira sensación de pracer? Cal é máis dolorosa: a culpa ou a vergoña? A partir de situacións que viven os sete personaxes que habitan esta casa podemos identificar tanto o que eles senten como o que sentimos nós, reflexionar sobre os matices que distinguen un sentimento doutro ou comprender por que moitas veces interpretamos aquilo que nos está sucedendo dun modo erróneo.

Velos no cinema e na tele, pero tamén telos na cociña e no ordenador. Axúdannos a predicir o tempo, axustan a temperatura da neveira e aspiran o po da casa na nosa ausencia. Os robots están en todas partes!

A árbore dos vagalumes, de Xulia María Barros

A mirada poética e chea de amor dun avó ao seu neto convídanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa.

CÓMO SE HACE UN MUSEO. ILUSTRADO POR DAVID BÖHM. ONDREJ CHROBÁK; MARTIN  VANEK. Libro en papel. 9788418067914

Por que e cando se crearon as galerías e os museos? Para que serven? Gustaríache traballar nun deles? En que consiste a preparación da exposición? Este libro responde a todas estas e outras preguntas dunha forma divertida e moi ben documentada.

Mi hermano persigue dinosaurios: La historia de Gio, un niño con un  cromosoma de más eBook: Mazzariol, Giacomo, Palma Hunt, César: Amazon.es:  Tienda Kindle

Tes cinco anos, dúas irmás e desexas con todas as túas forzas un irmanciño para xogar a cousas de mozos. Un día os teus pais anúncianche que terás a ese irmán e que será especial. Estás tolo de alegría: especial para ti significa «superheroe». Tras o seu nacemento, aos poucos entendes que si, que é distinto aos demais, pero que o dos superpoderes non acaba de ser verdade. Ao final descobres as palabras «síndrome de Down», e o teu entusiasmo transfórmase en rexeitamento, mesmo en vergoña. Deberás atravesar a adolescencia para darte conta de que a túa idea inicial non estaba tan equivocada e deixarte contaxiar pola vitalidade de Giovanni ata concluír que quizá si é un superheroe de verdade.

EL ALMA PERDIDA | OLGA TOKARCZUK | Casa del Libro

Unha conmovedora historia sobre a espera, a paciencia e a introspección.

Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada. 40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega.