No mes de outubro incorporamos á biblioteca do colexio os seguintes títulos:


Alén do Azul. O mundo submarino da ría de Vigo.
Sara Carrasco e Silvia Iglesias.
Catro Ventos Editora.

Un libro para mergullarse na ría de Vigo e coñecer as súas paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de espectaculares fotografías e ilustracións.


Breve atlas de los faros del fin del mundo
José Luis González Macías
Ed. Menguantes

Unha extraordinaria viaxe xeográfica e literaria polos faros máis illados do planeta, acompañada de espléndidas ilustracións, cartas náuticas, esquemas arquitectónicos e curiosidades para relatar non só as súas historias, senón tamén as de quen os habitaron.


Ilegal
Eoin Colfer
Ed. Alianza

Ebo loita por alcanzar unha nova vida e reunirse coa súa irmá. Na súa épica viaxe cara a Europa sobrevivirá ao deserto do Sahara ata chegar a Trípoli e desde alí adentrarase nas perigosas augas do Mediterráneo.


La vida en el océano. Secretos y curiosidades del mundo marino
Julia Rothman
Ed. Errata naturae

Explora os arrecifes de coral ou viaxa aos mares das rexións polares. Descobre como se formaron os océanos e por que a auga do mar é salgada. Observa tamén as embarcacións, o impacto do plástico e o quecemento global nos nosos mares.


Doba en el Océano
Agata Loth-Ignaciuk.
Barbara Fiore Editora

A primeira persoa que cruzou, a bordo dun kaiak e en solitario, o océano Atlántico dun continente a outro desvela que equipaxe levar, que datos sobre as correntes mariñas e os ventos coñecer e anima a  loitar polos soños.


La ballena tatuada
Dario Adanti 
Ed. Astiberri

En setembro de 1522 dezaoito homes esfameados e enfermos arribaron ao porto de Sanlúcar de Barrameda a bordo dunha nave maltreita. Lograran, despois de tres anos de penurias, algo inédito: chegar ao mesmo porto do que partiran navegando sempre na mesma dirección.