Non deixamos de actualizar a nosa biblioteca coas últimas novidades que se publican. Este mes de novembro, estes son os títulos que incorporamos:
La maldición del mar. Shea Ernshaw. Ed. Puck.
Tres fermosas e incomprendidas mozas chegaron ao pobo de Sparrow en 1822. Un ano máis tarde foron executadas por bruxería. A vida das tres levouna o mar. Entón caeu unha maldición sobre Sparrow e, no aniversario da súa morte, a historia repítese.
La memoria del agua. Emmi Itaranta. Ed. B.
Nora Kaitio e o seu pai son os únicos que coñecen a localización oculta das poucas fontes de auga que quedan na súa contorna. Cando el morre, Nora atópase coa responsabilidade de custodiar un perigoso manancial oculto que pode salvar vidas e tamén quitalas.
Atlas de infortunios en el mar. Cyril Hofstein. Ed. Planeta.
Historias de naufraxios, grandes descubrimentos, misterios e desaparicións, que aínda hoxe intrigan aos mariñeiros e que trazan un vasto e fascinante mapa dos océanos onde todo pode chegar a ocorrer.
El lenguaje de las olas. Magela Ronda. Ed. Astronave.
Esta é a historia de Cian, a quen o mar protexe e ama, e de Olmo, que sempre se mantivo en terra firme e de como ao atoparse o un ao outro, todos os seus cimentos póñense a tremer. Unha historia de amor, co mar como terceiro protagonista, na que transformarse é tan importante como saber renunciar.
Agua. Joaquín Araújo. Ed. Gadir.
Poesía contemporánea para render tributo á natureza a través de aforismos e poemas caligrafiados polo autor, algúns deles ilustrados con preciosos pictogramas.
Be Water. Antía Yáñez. Ed. Cuarto de Inverno.
O mundo como o coñeciamos rematou. A liberdade só existe a través de sonos que sempre rematan co espertar nun cubículo pequeno, a única vivenda posible. Estamos no ano 2485 e a humanidade vive en colmeas subterráneas onde a auga escasea de tal xeito que se tornou no ben máis desexado.