Ao redor do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, tivo lugar a Semana Andersen, que este ano dedicamos á ilustración. Distintas actividades relacionadas co mundo dos libros, en xeral, e a ilustración, en particular, encheron as aulas, os corredores e os patios do noso colexio.
Toda a comunidade educativa participou tamén coa realización dun bookface que foi subido á plataforma Padlet.