O día 3 de novembro celébrase o Día internacional contra a violencia escolar e o acoso escolar.
Desde a biblioteca do colexio querémosvos recomendar un libro de Natalia de Agustín, que sufriu nas propias carnes varios episodios de acoso e violencia na escola. Desta mala experiencia xurdiu un libro que nos pode axudar a comprender e enfrontarnos a este problema.
Natalia de Agustín é unha moza que sufriu un dos episodios de acoso escolar máis violentos dos ocorridos no noso país e do que se fixeron eco os medios de comunicación máis importantes de España. Sufriu agresións, desprezo, incomprensión de profesores e autoridades e unha presión constante por parte dos acosadores. Natalia estivo a piques de perder a vida a causa dos problemas físicos e psicolóxicos que se derivaron deste episodio de bullying ao que aínda está facendo fronte. No libro relata con toda claridade estas experiencias e mostra como logrou sobreporse a tan estrema situación e como consiguiu recuperar o dominio da súa vida.
Aquí podes ver unha entrevista na que relata a súa expreriencia: