O día 9 de outubro, o alumnado de 1º e 4º de ESO realizou unha visita pedagóxica á Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.
Alí puideron contemplar moitas fotografías e cadros da familia de Rosalía e achegarse a outros aspectos da vida da autora padronesa que non son moi coñecidos.