A revista Planeta Manga comprende os xéneros anime (アニメ) e shōnen o shōnen manga (少年漫画), que se caracterizan por incluír grandes dosis de acción; en ocasións, humor, e están protagonizaoos por personaxes masculinos. O compañeirismo entre adolescentes ou adultos dun equipo de combate tamén adoita subliñarse nun shonen.
Xa cotabamos na biblioteca cos cinco primeiros números da coñecida revista de referencia no universo manga; pois agora, podes ler os cinco números seguintes: do 6 ao 10.
PLANETA MANGA Nº 6
Planeta Manga tráenos en primicia o último de autores españois en Xapón! O protagonismo do sexto número recae en “HumanExe”, de Branca Mira e Eduard Balust, tras a súa publicación en SquareEnix, nunha revista cun millón de exemplares en circulación! Nunha entrevista realizada por Umaru, os autores explícannos que foi o que lles levou a publicar en Xapón. Á parte de semellante contido… contamos con outras seis historias novas! O capítulo final da miniserie en dous partes “Sirius” (de Ana C. Sánchez), unha nova visita ao mundo de Rondallas con “A Hoste” (de Santi Casas) e o regreso dunha das autoras máis aplaudidas “DeathWaits” (de Inma R.). Aínda por riba, damos a benvida a EroPinku con “TheAntiqueShop”, LitzhBianc con “Nissa” e Raúl López con “VoluntasDaemonsCattus”. Historias de multitude de xéneros e estilos aos que se lles suma o especial 4-koma en dúas páxinas de Pigüi, de Santi Casas. A todo este contido hai que sumar a sección de ilustracións, con arte de Laia López, RisuRisu, Raquel Martínez e Rarellano Art.
PLANETA MANGA Nº 7
Contén a estrea da nova serie de Ana C. Sánchez! A autora de “Alter Ego” e “Sirius” tráenos “Limbo”, un shonen con páxinas a cor e con ilustración especial para a portada. A “Limbo” únenselle novos capítulos das series favoritas: “Gryphoon”, de Luís Montes; “Good Game!”, de Branca Mira e Kaoru Okino; “Wing”, de Senshiru, e por petición popular dobre ración de “Backhome”, de Sergio Hernández e Toni Caballero.
Ademais, Kaoru Okino preséntanos “Conquering the Earth”, unha historia de aventuras e humor; Santi Casa fai unha nova incursión ao mundo de “Rondallas” da man en “Trebaruna”; a primeira parte de dúas de “Kioka”, de Judit Mallol; o particular e divertido magical girls “Onion Star” de Coco Glez; “Flashlight”, un emotivo relato sobre música e familia de Sara Lozoya; e “Edo”, unha historia ambientada no Xapón medieval, de Konata, complementada cunha entrevista de Umaru-chan. A todo este contido hai que sumar as ilustracións de Rarellano Art, Laia López, continuarán as desventuras do noso querido Pigüi, no 4-koma de Santi Casas. Nas páxinas finais podes ver exemplos das edicións internacionais de “Alter Ego” de Ana C. Sánchez.
PLANETA MANGA Nº 8
Planeta Manga presenta “Reflexos do futuro”, unha miniserie de ciencia-ficción distópica escrita por Branca Mira (“Xapón: De estudante a mangaka”) e que constará de tres capítulos. O primeiro deles, “Reminiscencia”, contará con Ana C. Sánchez (Alter Ego, Sirius, Limbo) aos lapis. Xunto a ela, participaron nesta incrible portada Akira Pantsu (“O ceo que nunca vi”) e Toni Caballero (“Health Nanobots”) cuxas historias aparecerán nas próximas entregas de Planeta Manga.
O anterior capítulo de “Gryphoon” de Luís Montes deixouche con ganas de máis? Tranquilo, en Planeta Manga nº 08 atoparás dous épicos capítulos cheos de acción. Ademais, o último capítulo de “Good Game!” de Branca Mira e Kaoru Okino e as novas entregas de “Backhome”, de Sergio Hernández e Toni Caballero; “Conquering the Earth”, de Kaoru Okino; “Wing”, de Senshiru, e “Limbo”, de Ana C. Sánchez.
Glucagon estréase en Planeta Manga coa historia curta “Borrow”, o emotivo relato que nos mostra o amor incondicional dunha filla cara á súa nai e tamén pescudaremos se a protagonista de “Kioka” de Judit Mallol será capaz de romper a maldición do enviado da deusa Inari.
A todo este contido hai que sumar as ilustracións de Risu Risu, Carlos Moreno e Raúl López, o intrépido 4-koma “Pigüi” de Santi Casas e a entrevista de Umaru-chan aos debuxantes da portada do presente número para explicar ben o que che espera con “Reflexos do futuro”.
PLANETA MANGA Nº 9
É Halloween e Diana, a meiguiña ilustrada por Laia López, fixo un esconxuro, pero non lle saíu como esperaba e leouse en ExpoManga. Cal foi o resultado? Todo quedou ben enredado… “Gryphoon” virá da man de Kaoru Okino e Branca Mira, “Backhome” por Miriam Bonastre, “Alter Ego” por Konata, “Pigüi” por Toni Caballero e Sergio Hernández, “Rondallas. A Bruxa” por Akira Pantsu, “Good Game” por Luís Montes e “Midoriboshi” por Santi Casas. Ademais, ao parecer tamén afectou ás ilustracións de Judit Mallol, Ero Pinku, Senshiru, Risu Risu e Inma R.
Por sorte, este esconxuro non se estendeu por todo Planeta Manga nº 9, así que haberá novo capítulo de “Gryphoon” de Luís Montes, “Backhome” de Toni Caballero e Sergio Hernández, “Limbo” de Ana C. Sánchez, a divertida historia de “Conquering the Earth” de Kaoru Okino, o 4-koma do entrañable “Pigüi” de Santi Casas e o último capítulo na revista de “Wing” de Senshiru.
Tamén segue a mini serie de “Reflexos do futuro” con “O ceo que nunca vin” de Akira Pantsu e Branca Mira e dúas historias curtas: “O idiota do meu humano” de Kamapon e “Rackham” de Bea Castelo.
PLANETA MANGA Nº 10
Planeta Manga estrea nova serie: “Nebesta”, unha historia de fantasía, aventuras e amizade debuxada por Konata e guionizada por Vanesa Figal. A esta nova serie únenselle novos capítulos das mellor cualificadas: “Gryphoon”, de Luís Montes; “Backhome” de Sergio Hernández e Toni Caballero, “Limbo” de Ana C. Sánchez e a divertida “ConqueringtheEarth” de KaoruOkino. Ademais, termina a miniserie de ciencia-ficción distópica, “Reflexos do futuro”, coa historia curta “HealthNanobots” con Toni Caballero aos lapis e escrita por Branca Mira (autora de “Xapón: De estudante a mangaka”). Tamén se estrean na revista María Dresden con “ExtraodinaryBlue” e *Álex Giménez con “Matogueira x ti”. Miriam Bonastre preséntanos “Sybil no labirinto” e Santi Casas tráenos unha nova historia do universo “Rondallas” titulada “Rondallas: Escorpión”. Planeta Manga nº 10 vén cargada de novidades. A todo este contido hai que sumar as ilustracións de Laia López, Inkspirate e AkaneKurosaki e “Pigüi”, o 4-koma de Santi Casas.