Seica nestas datas a xente faise agasallos; xa que logo, desde a biblioteca do colexio queremos facervos un. Esperamos que vos guste!

O narrador, Paul Auster, compra os seus cigarros holandeses nun determinado estanco de Brooklyn con cuxo propietario, de sobrenome literario Auggie Wren, ten unha afección: sacar fotografías sempre do mesmo ángulo da súa rúa a diversas horas, en diferentes estacións, durante todo o ano, e ano tras ano. Cando a Paul lle encargan un conto de Nadal para o New York Times, será Auggie o que lle saque do apuro cun estraño relato sobre o desarraigamento, pobreza e suave venganza que pouco parece casar co espírito do Nadal. Este relato publicouse no New York Times o Nadal de 1990. Nada máis lelo, o director de cinema Wayne Wang decidiu contactar con Auster para propoñerlle o guión dun película que englobase a historia. Desta experiencia naceu Smoke, aínda que o conto de Nadal de Auggie non aparece ata o final da película.

O conto de Nadal de Auggie Wren; Paul Auster

el_cuento_de_navidad_de_auggie_wren

No ano 1995, o director de cine Wayne Wang estrea a película Smoke, da que é guionista o escritor norteamericano Paul Auster. Nos últimos vinte minutos da película, Auggie Wren (Harvey Keitel) cóntalle este conto a Paul Benjamin (William Hurt).