Dentro da que demos en chamar Semana da Ciencia, que se desenvolve entre os días 1 e 15 de febreiro, terán lugar diversas actividades en diferentes espazos do colexio.

Unha delas consiste na asistencia a dúas charlas relacionadas, unha coa intelixencia artificial e a outra cos algoritmos.

APLICACIÓNS DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

O alumnado de 3º e 4º de ESO asiste a unha charla divulgativa sobre un tema tan actual como é a intelixencia artificial. Baixo o título “Intelixencia artificial e as súas aplicacións”, Juan Carlos Burguillo, fala sobre como a IA é unha ferramenta cada vez máis habitual en multitude de aplicacións que empregamos a diario. Nesta charla faise unha breve introdución á Intelixencia Artificial e á aprendizaxe automática, para despois presentar as súas aplicacións presentes e futuras no ámbito da Telecomunicación e as TIC.

Juan Carlos Burguillo-Rial é enxeñeiro de telecomunicación (1995) e doutor en enxeñería telemática (2001). Actualmente traballa como catedrático de universidade no Grupo de Tecnoloxías da Información do Depto. de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo e investigador do Centro de Investigación atlanTTic.

O ALGORITMO E TI!

O alumnado de1º e 2º de ESO asiste a unha charla divulgativa sobre presenza calada dos algoritmos na nosa vida cotiá. Baixo o título “O teu algoritmo e ti”, esta charla divulgativa trata de achegar aos estudantes o funcionamento dos algoritmos que poden atoparse nas principais plataformas dixitais presentes no seu día a día. Por unha parte, presentando o seu comportamento lóxico mediante casos de uso reais, e como as empresas aprenden deles á hora de mellorar e adaptar os seus servizos á demanda actual; por outra, ver o uso que dan ditas empresas á información dos seus usuarios recompilada de maneira directa ou indirecta e as súas implicacións legais e éticas, todo isto abordado dende a perspectiva da enxeñaría e o papel que xoga no proceso.

Esta actividade terá unha parte práctica de intervención dos algoritmos nos nosos teléfonos móbiles.

A charla será impartida por Jaime González González, Graduado en Enxeñería de Telecomunicación e Mestrado en Inxeñería de Teleco e membro do atlanTTic Research Center.