O día 2 de marzo marca unha data importante no calendario do noso centro, xa que inauguramos o novo espazo que ocupará a biblioteca A Fraga da Palabra.

Exerceu como padriño do acto o recoñecido artista plástico galego Antón Pulido (ver máis abaixo a súa biografía), que tivo a ben achegarse ata o noso cole para, amais de cortar a cinta, explicarnos o proceso de creación e a simboloxía de parte da súa obra.

O alumnado do obradoiro de radio do colexio fixo unha fermosa presentación do gravador e escultor ourensán e, posteriormente, realizoulle unha interesante entrevista que nos fixo coñecer detalles interesantes da súa vida e a súa obra.

Foi un verdairo honor recibir a súa visita e quedámoslle veradeiramente agradecidos.

Para a ocasión, o espazo estaba decorado con obras do alumnado de ESO inspiradas na do premiado artista galego.

BREVE RECENSIÓN BIOGRÁFICA SOBRE ANTÓN PULIDO.

O pintor e gravador Antón Pulido Novoa, nado en Bóveda de Amoeiro, o 25 de setembro de 1944.

Fillo do mestre de Bóveda de Amoeiro, comezou a estudar no seminario de Ourense e logo marchou a Barcelona, onde cursou Belas Artes na especialidade de pintura e gravado. A súa primeira exposición foi no Ateneo de Ourense, en 1971, e nos anos finais desa década editou tres carpetas de gravados, tituladas «O home», «O abrazo» e «A espera» (1978, 1979 e 1981, respectivamente).

Nos anos oitenta proseguiu a súa carreira como artista en diversas exposicións colectivas, ao tempo que se convertía en profesor de ensino secundario en Vigo nos tempos de Atlántica, cidade na que se instalou. Tamén proseguiron os seus traballos como gravador e como ilustrador de libros, en especial como portadista para a editorial Ir Indo.

Foi profesor de debuxo e artes plásticas durante moitos anos no Instituto Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Foi nomeado Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia nos primeiros oitenta e foi o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea en 1993.

Algúns dos galardóns que recibiu son: Nomeado fillo predilecto de Amoeiro en 2008, Premio Trasalba 2015, Premio Ágora de Orcellón no ano 2018 e Premio Cultura Galega das Artes Plásticas do ano 2021.