Este ano dedicamos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz a un dos símbolos que a representan: as grúas de papel. Conta unha antiga lenda de Xapón, “Senbazuru”, que se alguén constrúe mil grúas de papel os Deuses concederanlle o desexo que máis anhele, un desexo do corazón. A consigna remóntase á historia dunha pequena vítima da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, Sadako Sasaki, unha nena de dous anos que viviu a caída da bomba. Sobreviviu ao ataque, pero dez anos despois os médicos diagnosticáronlle leucemia polas graves consecuencias da radiación. Chizucho, a súa amiga, contoulle a existencia desta lenda e Sadako comezou a construír grúas de papel desexando curarse con moita forza. Non o conseguiu, morreu antes de terminalas todas. Porén, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, en lembranza de Sadako e coa esperanza de que se evitaran todas as guerras no futuro e acadar a Paz entre os países do mundo. Desde entón, as grúas, ademais de representar saúde en Xapón, convertéronse en símbolo de paz.

Os padriños e madriñas lectores axudan aos seus afillados/as a pregar as grúas de papel. Decóranas libremente (pintura, debuxos, frases…). Cada clase redacta un desexo que anhela alcanzar elaborando estas grúas. No acto do xoves 30 lense, procédese á solta das pombas e a cantar cancións sobre a paz. Tamén ten lugar o aporfillamento lector onde se le un conto relacionado coa Paz.

Exposición de libros sobre esta temática:

A través de historias reais como a de Celeste Caeiro (Portugal), a Orquestra West Eastern Divan (Alemaña) ou a de Leyla Zana (Turquía), veremos a importancia que ten aceptar aos demais tal e como son e que a vida é un espazo compartido co outro. Exemplos de respecto cara a aqueles cuxas ideas e comportamentos son distintos aos da maioría.

O reporteiro gráfico Olivier Kugler estivo máis de tres anos escribindo e debuxando as historias dalgunhas das familias que tiveron que fuxir de Siria. Xunto a Médicos Sen Fronteiras viaxou ao Kurdistán iraquí, á illa grega Kos e ao campamento de refuxiados de Calais (Francia), coñecido como “A xungla”, onde os refuxiados tentan cruzar a Canle da Mancha na súa travesía cara a Reino Unido. Tamén coñeceu a refuxiados en Londres, Birmingham e Zimmonzheim, a pequena vila alemán onde Kugler creceu. Vidas tráxicas e inspiradoras, un testemuño da insensatez do ser humano, pero tamén da súa capacidade de resiliencia.

Resultado de imagen de CUANDO PASÉ AL OTRO LADO DEL MURO

Joshua vive coa súa nai e o seu padrasto en Amarias, un pobo illado onde as casas parecen todas novas. Amarias está rodeada por un gran Muro, vixiado por soldados. A Joshua ensináronlle que esta división é o único que o mantén a el e á súa xente a salvo do seu brutal e implacable inimigo.

Un día, mentres está a xogar coa súa pelota, esta cae nunha zona de construción. Cando vai recuperala tópase cunha casa destruída, algo que xamais vira en Amarias. Peor aínda, as cousas dos habitantes da devandita casa seguen no seu lugar.

A curiosidade lévao ao descubrimento dun túnel que cruza o Muro. Escoitou moitas historias sobre o que hai do outro lado, pero nada do que oíu prepárao para o que atopará. Un mundo tan diferente que cambiará por completo a súa visión da vida e farao cuestionarse sobre a súa propia realidade, a súa familia, os seus costumes e o significado da verdade.

Francisco Boix é un fotógrafo español que, xunto a varios miles de compatriotas, foi deportado ao campo nazi de Mauthausen: unha condena de morte en vida. Con todo, cando se cruza no camiño do comandante Ricken, un perverso esteta nazi ao que lle comprace fotografar o horror do exterminio, Francisco comprende que ten ante si un valioso testemuño. Sacar as fotos do campo será só o primeiro paso para revelar ao mundo o que ocorre en Mauthausen.


Rachel, unha moza que vivirá a súa adolescencia na Francia da Segunda Guerra Mundial Os pais de Rachel déixana na Maison de Sèvres, unha escola preto de París na que se refuxian nenos xudeus durante a Segunda Guerra Mundial. Alí descubrirá a súa paixón pola fotografía. Coa ocupación de París, a escola tampouco é un lugar seguro, así que Rachel deberá cambiar de nome e fuxir. Axudada por unha rede da resistencia, percorrerá Francia indo dun sitio a outro, sempre co seu cámara de fotos. Rachel creará a súa reportaxe da guerra retratando a resistencia, eses heroes anónimos que arriscan as súas vidas para salvar as dos demais e grazas aos cales Rachel poderá ser, ao fin, unha muller libre.