Descobre como podes converterte nun heroe completando 50 misións para loitar contra o plástico na casa, na escola e nos teus días de descanso.

Tres nenos distintos. Unha misión en común: FUXIR. Unha novela chea de acción que afronta unha temática tan actual como intemporal: o valor, a supervivencia e a procura dun fogar. Unha emocionante reflexión sobre a tráxica loita dos refuxiados.


Novela gráfica steampunk na que o lector se converte no protagonista e coas súas decisións decide o desenvolvemento e desenlace da aventura. Deberá atopar obxectos, lanzar feitizos, derrotar aos inimigos e resolver enigmas para saír airoso da perigosa misión.