Cada ano, o Consello Executivo do ITI (Instituto Internacional do Teatro) elixe a unha personalidade teatral sobresaliente para escribir a mensaxe para o Día Mundial do Teatro, que se celebra cada 27 de marzo desde 1962.

Os obxectivos do Día Mundial do Teatro son:

  • Promover esta disciplina artística en todo o mundo.
  • Facer que as persoas tomen conciencia do seu valor.
  • Permitir que as institucións teatrais promovan o seu traballo a gran escala para que os líderes de opinión sexan conscientes do valor do teatro e as apoien.
  • Gozar desta forma de arte.

Neste ano 2020 Shahid Nadeem, galardoado dramaturgo paquistaní, fundador e director do Ajoka Theatre, foi seleccionado como o autor da mensaxe. Para lela e saber máis sobre o autor, pica aquí.

En Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade sen ánimo de lucro que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando os actores, actrices, directores e directoras do país, súmase a esta iniciativa e elabora o seu propio manifesto. Este ano encargouse da śua elaboración a actriz Isabel Risco:

Ouh! Fagamos unha arroutada colectiva, descontrolada, desacralizada, incemos os peitos de irreverencia, de rebelión, de gargalladas, de sensacións, abramos as cancelas da percepción, botemos o seu cadeado ao mar bravo e xeneroso que nos azouta transformando ese efecto en aloumiño, para que o engula e o deposite nas súas profundidades ignotas e transforme a súa materia en máis forza natural. (…continúa lendo).

PASEN E VEXAN!

Mary Poppins por alumnos/as do Colexio Andersen: https://www.youtube.com/watch?v=J7KWrhKsipg

A esmorga (version teatral) de Eduardo Blanco Amor: https://www.youtube.com/watch?v=Wekf3PRaR6E

Os vellos non deben de namorarse de Castelao: https://www.youtube.com/watch?v=r39pv00FBbo

Fuga (comedia) de Jordi Galceran: https://www.youtube.com/watch?v=JWuP5pVDWko

A cabeza do dragón de Valle-Inclán: https://www.youtube.com/watch?v=GT9V7hfalf8

Grease e A bela e a besta (musicais en galego) por alumnos/as do IES Taboada Chivite de Verín: https://www.youtube.com/watch?v=ZefsdUzwwYc https://www.youtube.com/watch?v=JmHeeoeePqM

Dear Evan Hansen (famoso musical baseado no libro de Val Emmich): 1, 2, 3 e 4. En versión Animatics.

La casa de Bernarda Alba e Bodas de sangre de Federico García Lorca: https://youtu.be/p8hPW0ep6sk e https://youtu.be/chpE4LDWmTQ

El florido Pensil de Andrés Sopeña https://youtu.be/OgWPc1lBVOE

Páxina de RTVE con multitude de obras de teatro para ver en liña: https://www.rtve.es/alacarta/videos/teatro-en-el-archivo-de-rtve/

O Instituto de Artes Escénicas e Musicais de España pon á nosa disposición preto de 1500 obras de teatro sen moverte da casa: http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

O mesmo sucede en Teatrix (aquí deberás subscribirte mediante email, pero é gratuíta): https://www.teatrix.com/