Como todos os anos, no mes de maio, a biblioteca do colexio organiza os tradicionais Xogos Florais. E como todos os anos, convidámosvos a participar no certame literario ao que non lle podemos poñer número porque xa perdemos a conta.
As bases para participar son as seguintes:
PARTICIPANTES:
Todo o alumnado de 3º de EP a 4º de ESO e o profesorado que o desexe.
NORMAS:
Cada alumno/a poderá participar cun poema dun máximo de 30 versos, en lingua galega. O poema irá asinado unicamente cun pseudónimo. O tema estará relacionado coa primavera, as flores ou tamén coa propia lingua.
Os profesor/as de lingua galega seleccionarán 5 poemas de cada clase antes do mércores, 12 de maio.
PRAZO:
O mércores, 12 de maio, o profesorado de L. Galega entregará a Merchi e Patricia os poemas elixidos.
FALLO:
O xurado estará composto por dúas profesoras de infantil e secundaria e o/a delegado/a de cada curso de Secundaria. Nas súas deliberacións escollerá tres premios (1º, 2º e 3º) por cada curso.
PREMIOS:
Nas súas deliberacións escollerá tres premios (1º, 2º e 3º) en cada categoría e haberá tantas categorías como cursos participantes. Os premios entregaranse o venres, día 14, durante o transcurso da festa dos maios e consistirá nunha planta en flor e un diploma acreditativo.
Anímate e dá a coñecer os teus dotes de poeta!