Unha sociedade libre de violencia exercida sobre as mulleres é unha das metas que como cidadanía debemos conseguir. A implicación de todos os axentes da sociedade é fundamental. É ben sabido que a cultura contribúe a espertar conciencias. A nosa biblioteca, sempre comprometida, propón este 25 de novembro empregar as artes plásticas como terapia e fomento do respecto.


Nos recreos estamos desfrutando co Zentangle, un método de debuxo que consiste en crear debuxos a partir de patróns abstractos chamados tangles en base a unhas regras básicas. Debúxanse formas xeométricas, curvas e liñas repetitivas dentro dun fío que dá estrutura á obra. O obxectivo principal é inducir á meditación.

Aquí vos deixamos algunhas das cancións que soan nos nosos espazos mentres nos calmamos e tomamos folgos para seguir loitando para desterrar o machismo da nosa sociedade:

Convidámosvos tamén a visitar esta páxina web.

E obviamente na biblioteca atoparedes unha selección de libros para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Vaia un exemplo:

Fóra de control

A quen chamo, como visto, onde andabas metida

En canto valoras, my boy, este corte de mangas?

Carlos Negro.  Penúltimas tendencias