Sumámonos ás propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) baixo o lema #SementadePensamentos. 

Ademais de afondar na figura de Rosalía de Castro e na súa obra, leuse o manifesto deste ano e resaltouse con cores aquelas frases que chamaron a atención do alumnado. Como a flor favorita de Rosalía de Castro, os pensamentos que cada unha de nós temos, tamén están cheos de cores. 

Desde a Biblioteca animamos a gozar cos seus poemas e a compoñer. Partindo de cinco pétalos de pensamento ao redor do rostro de Rosalía o alumnado escribiu versos. Tamén se realizaron haikus, raps ou regueifas partindo dos 5 versos de Rosalía proporcionados pola AELG.

1-  D’aqueles que cantan as pombas y as frores

Todos din que teñen alma de muller

2-  E ben, ¿para que escribo?

3-  O fondo sin fondo d’o meu pensamento

4-  ¿Que pasa ó redor de min?

5-  Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos