En liña co PDI deste ano, dedicamos o Día Internacional das Mulleres a aquelas que dedican a súa vida ao mar. A partir de infografías e vídeos sobre tarefas tradicionais (clasificadoras do peixe, pescantinas, redeiras ou traballadoras das conservas) e outros campos de traballo nos que a muller vai gañando importancia (mariscadoras, patroa maior de cofradía ou capitá de barco) reflexionouse sobre o traballo que realizan e a súa importancia para a sociedade. 

A continuación o alumnado escribiu  unha mensaxe de ánimo e solidariedade coas mulleres do mar en tarxetas que, nun acto simbólico por quendas, foron enganchadas nunha rede colocada no pavillón seguindo a liña marcada por un fío co logo 8M.”