O Equipo de dinamización da biblioteca ten a honra de proclamar como vencedora do concurso Selfie–Andersen á fotografía inspirada no conto “Polgariña” de H. C. Andersen. A autora do selfie é Uxía de 4º de ESO.
Cabe destacar que, ademais da propia montaxe, Uxía presentounos a súa fotografía acompañada da ilustración do conto que recreou.
Uxía recibirá como premio dúas entradas para ver a película que ela escolla nalgunha das salas de cine da cidade.
PARABÉNS, UXÍA!!!
Deixa unha resposta