O alumnado de 4º de ESO realizou un traballo sobre etimoloxía consistente na confección dun edificio romano no que as portas, nomeadas cunha palabra latina, agachaban no interior palabras patrimoniais derivadas das primeiras. O resultado foi exposto nun lugar visible do colexio.