Despois de múltiples problemas provocados por algún pirata, non deses que tiñan barcos, senón informático, bota de novo a andar o blog da biblioteca. Por fin…
Unha das primeiras actividades da biblioteca do colexio neste curso 24-25 foi a presentación dos espazos da biblioteca (radio, maker, sala de lectura, ágora) ao alumnado de 1º de ESO.
Dado que este é o seu primeiro ano en secundaria, as dúas colaboradoras e voluntarias da biblioteca, Raquel e Inés (2º ESO), explicáronlles polo miúdo como funcionaba cada unha das seccións, a ordenación dos fondos da biblioteca, o proceso de préstamo e devolución, os horarios…
En palabras de Inés e Raquel, estiveron moi atentos e as preguntas que fixeron foron interesantes.
Lembra que se queres colaborar como voluntario/a non tes máis que dirixirte a Inés, Raquel ou Xoán. Sempre andan no segundo recreo pola biblioteca.
Esperámosvos!