EL ARTE

A través de conversacións (algunhas reais, outras moitas imaxinarias) coa súa nai, unha ama de casa normal e corrente que pensa que non entende nada de arte, Juanjo Sáez repasa a historia das vangardas artísticas e extrae a esencia de Picasso, Miró, Calder, Magritte, Warhol, Duchamp o Dalí. Compara o nacemento do cubismo coa invención do arroz con leite, o sentimento místico que pode producir a contemplación dun cadro cunha xogada de Maradona, afirma que mirar un móbil de Calder é parecido a observar a lúa ou as formas que crean as nubes no ceo e que “contemplar os cadros de Miró é como cambiar as canles da televisión do ceo”.