Con ocasión da SEMANA ANDERSEN, o Equipo de Dinamización da Biblioteca de Secundaria convoca o concurso «Selfie Andersen 2019».
PARA PARTICIPAR: 1. Poden participar todos os lectores e lectoras, alumando e profesorado, de ESO. 2.-Escolle unha ilustración dun personaxe ou unha escena dun conto de Hans Christian Andersen. 3. FaI unha fotografía que recree o/a personaxe ou a escena escollida. 4. Presenta a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do conto ao que pertence. 5. Esta fotografía deberá enviarse a bibliotecasecundaria@colexioandersen.es e deberá conter os seguintes datos: – Asunto da mensaxe: CONCURSO «SELFIE ANDERSEN» 2019. – Corpo da mensaxe: NOME, APELIDOS, CURSO DO/A PARTICIPANTE e TÍTULO DO CONTO no que se inspira o “selfie”. NON ESQUEZAS ACHEGAR A FOTOGRAFÍA!
ELECCIÓN DO/A GANADOR/A: 1. A selección do ganador/a farase de xeito colectivo, de acordo co seguinte procedemento: 2. Un día despois de pechado o prazo de envío das propostas, colgaranse nos taboleiros dos corredores do centro, as fotos enviadas polos/as participantes. 3. O alumnado e profesorado poderá votar un dos “selfie” propostos de acordo coas instrucións que aparecerán nos mesmos taboleiros. 4. O Equipo de Dinamización da Biblioteca procederá ao reconto dos votos e emitirá o fallo o día 3 de maio e será publicado nos taboleiros da biblioteca e no blog da biblioteca de secundaria de forma inmediata.
PRAZOS: O prazo de envío das fotografías remata o domingo, 12 de maio, ás 23:59 h. A exposición dos orixinais presentados permanecerá nos corredores do centro do 13 ao 17 de maio. O fallo do concurso terá lugar o 20 de maio.
PREMIO: A fotografía elixida estará dotada cun premio consistente en dúas entradas para asistir ao pase dunha película que se proxecte nas salas da cidade de Vigo.
Deixa unha resposta