MANIFESTO DO BOSQUE DAS MULLERES
Dentro do Proxecto Dinamizador Interdisciplinar deste ano, Os bosques, queremos que este día achegue outro pequeno xesto, non só a prol da protección dos nosos bosques, senón de apoderamento da muller.
Todas as mulleres somos valiosas, aprendemos de todas, e todas merecemos ser recoñecidas: avoas, nais, fillas e netas.
É moi importante que reflexionemos sobre este feito e sexamos quen de percibir a pegada que deixaron e deixan as mulleres nas nosas vidas e, así mesmo, amosar o noso agradecemento e o noso recoñecemento.
As mulleres somos árbores vizosas, azoutadas polo vento da desigualdade e por tormentas de violencia de diversa natureza desde o noso nacemento.
As mulleres convertémonos en afoutos carballos; somos creativas e capaces de prender en calquera terra, de sobrepoñernos ás dificultades e, con todo, de crear vida.
Neste acto simbólico, colocamos os nomes das nosas avoas na base destas árbores porque elas simbolizan a orixe, as raíces; os das nosas nais no tronco sosténdonos coa súa fortaleza, e o noso propio na copa da árbore porque sobre as avoas e as nais sustentamos a nosa existencia e a forma de entender o mundo.
Como as árbores, fincamos fondas as nosas raíces na terra e, non só creamos a vida, senón que a sostemos nos nosos brazos flexibles coma polas e nas nosas costas rexas coma troncos.
Con este acto queremos facer visible a nosa fortaleza e o noso valor. Sen nós non sería posible!
O de marzo, Día Internacional da Muller, celebramos un actividade que estaba dividida en tres partes:
1º.- Elaboración en cada aula dunha árbore.
2º.- O alumnado leva para a súa casa tres cadrados de cartolina nos que escriben o seu propio nome, o nome da súa nai e o da súa avoa; a eses nomes engadenlles unha calidade que caracterice a cada unha delas. Estas cartolinas son pegadas na árbore correspondente con acordo á seguinte distribución: as avoas na raíz, as nais no tronco e o alumnado na copa.
3º.- O día 8, cada curso sae ao exterior e “planta” a súa árbore no patio da escola. Lemos textos relacionados coa muller e mais o manifesto.
O resultado, en diferentes fases, podedes velo aquí: