Se dás unha volta pola biblioteca e resulta que non sabes onde pode estar un libro ou se buscas algúns exemplares dunha materia concreta pero non sabes localizalos, a partir de hoxe podes consultar un cadro de ordenación da biblioteca que che pode servir de guía para non perderte.

No plano da biblioteca aparecen numerados todos os andeis.

No cadro de ordenación figuran as materias e o número do andel onde as podes atopar.