Rupi Kaur é una escritora e artista de canadense de orixe hindú. Comprometida con temas como o feminismo, o amor, a perda, os traumas e a curación, utiliza a poesía, a fotografía, a ilustración e outras formas artísticas para falar deles.

Na biblioteca xa están á túa disposición tres dos seus libros:

Este é o poemario que consagra, segundo a crítica, a poeta nova máis popular do mundo e unha verdadeira voceira da súa xeración. Cunha exquisita sensibilidade, rupi kaur aborda algúns dos temas polos que se deu a coñecer cos seus traballos anteriores, como o feminismo, o trauma, a perda ou o amor, pero esta vez dá un paso máis e revela, nun exercicio único de xenerosidade e honestidade, experiencias persoais como a forma en que tratou nos últimos anos a depresión, o éxito ou a presión á que foi sometida.

Este é o seu segundo e poderoso libro. Dividido en cinco movementos (murchar, caer, enraizar, medrar, florear), este poemario deslízase desde o fondo da falta de amor e da dor que conleva ata a forza e a alegría que poden florear despois dese sufrimento. Unha vibrante e trascendental viaxe de crecemento e curación, descendencia e honra polas raíces, a expatriación e a busca do fogar nunha mesma.

Dun xeito contundente e poderoso, Rupi Kaur fala de como superar os golpes da vida: o maltrato, o desamor, a perda e os prexuízos sobre a feminidade. Os versos de Kaur empatizan coa lectora, que sente esas palabras como propias e a necesidade de transcribilas e compartilas.