Haikyû!! 01; Haruichi Furudate

Shôyô Hinata está fascinado polo voleibol, polo que participa no seu primeiro e último partido oficial da tempada coa súa escola de secundaria. Con todo, sofre unha terrible derrota a mans da nova promesa Tobio Kageyama, alcumado o “Rei da Corte”. Entón, Hinata xura vinganza e ficha polo Karasuno High School Volleyball Club!

Haikyû!! É un manga spokon de temática deportiva.

One Piece 01; Eiichiro Oda

Monkey D. Luffy, un rapaz moi especial e elástico, soña con ser o rei dos piratas e atopar un gran tesoro: o One Piece. Para iso, bótase ao mar nun bote co que buscará a tripulación que lle poida axudar na súa misión.
One Piece é un dos manga shônen máis exitosos da historia, xunto con Dragon Ball e Naruto. O argumento destaca valores como o espírito de superación, a tolerancia cara a diferenza e o compañeirismo.

Sweetness & Lightning 01; Gido Amagakure

Kôhei Inudzuka é un profesor de secundaria que perdeu a súa muller e está a facer un enorme esforzo para criar a súa filla Tsumugi por si mesmo. Aínda así, non consegue que os pratos que cociña lle queden ben nin de broma… Nun momento tan complicado como este, Kotori, un dos seus alumnos, proponlle que lle ensine a cociñar. Rodeado da súa querida filla e dunha estudante de secundaria, así comeza este entrañable drama gastronómico.