Maneiras de vivir; Luis Leante
Maneiras de vivir comeza como unha melodía suave que se vai convertendo nun thriller trepidante e actual que te deixa sen alento segundo vai avanzando. Pero tamén é unha novela dentro doutra novela, na que ficción e realidade se confunden. Todo comeza cando un escritor reencontra o guitarrista e cantante dun grupo de rock que admiraba na súa xuventude e decide entrevistalo para contar a súa historia. Así entramos nunha obra que fala da superación, da capacidade de redimirse e reinventarse, e do valor dos lazos familiares. Hai moitas emocións en loita, que abranguen todas as idades e condicións. E un amor incondicional pola música, que funciona como motor de todos os personaxes, mesmo nas situacións máis perigosas ou límites.
Ben; Care Santos
Hai xente que esperta tanta fascinación como rexeitamento, que te atrae coma un imán e ao mesmo tempo te asusta e algo che di que é mellor afastarte delas. Esta é a historia dunha desas persoas. Chámase Ben. Esta historia comeza nun funeral. O falecido tiña menos de 24 anos e foi asasinado. Uns mozos que o odiaban decidiron matalo a golpes. Só oito persoas acudiron á súa despedida.
Que queda dos que amamos, cando morren? Nós. Quedamos. A nosa memoria, as nosas lembranzas. O que fagamos con eles.
Momo; Michael Ende
Momo é unha rapaza cun don moi especial: con só escoitar, fai que os que están tristes se sintan mellor, os que están enfadados solucionen os seus problemas ou os que están aburridos inventen cousas divertidas. De súpeto, a chegada dos homes grises cambiará a súa vida porque prometen que aforrar tempo é o mellor que hai que facer, e pronto ninguén terá tempo para nada. Nin sequera para xogar cos nenos. Momo é a única que non cae na trampa, e da man da tartaruga Casiopea e da mestra Hora, levará o lector a unha fantástica aventura chea de ensinanzas sobre a amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que realmente nos fai felices.