Durante as dúas primeiras semanas de febreiro, aproveitando que o 11 é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, terán lugar diversas actividades (conferencias, obradoiros, exposicións…) relacionadas con diversas disciplinas científicas. Para ir abrindo boca, eis o calendario científico que edita a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas.

Está dirixido principalmente ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Cada día recolleuse un aniversario científico ou tecnolóxico como, por exemplo, nacementos de persoas destes ámbitos ou conmemoracións de achados destacables.

Esta iniciativa pretende contribuír a achegar a cultura científica á poboación máis nova e crear referentes o máis próximos posibles para eles. Por iso, fíxose un esforzo maior en dar a coñecer persoas e achados do presente que constitúan referencias para a mocidade e, ao mesmo tempo, dean unha visión de dinamismo e actualidade. Prestouse especial atención ao fomento dunha linguaxe non sexista e ao aumento da visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas, para poñer a disposición modelos referentes que promovan as vocacións científico-técnicas entre as nenas e adolescentes. Tamén se puxo unha énfase particular en divulgar a actividade investigadora dos centros públicos españois.

Debido a seu peso, pode tardar un pouco en cargarse.

Calendario-cientifico-2023