Incorporamos á biblioteca dous libros de lectura fácil. En breve, haberá novas incorporacións.

Os materiais de Lectura Fácil son libros, documentos, páxinas web, etc., elaborados con especial coidado para ser lidos e entendidos por persoas con dificultades de comprensión lectora. Seguen as directrices internacionais da IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) en canto ao contido, á linguaxe e á forma. A Asociación Lectura Fácil outorga o seu selo LF aos libros que seguen estas pautas.

Os libros de Lectura Fácil están dirixidos a persoas que teñen dificultades lectoras, de carácter permanente (discapacidades sensoriais ou psíquicas, senilidade, etc.) ou transitorio (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente, trastornos da aprendizaxe, etc.).

CRUCE DE MUNDOS; Anna Tortajada.

Novela histórica sobre a amizade entre tres novos: un israelita, unha fenicia e un escravo africano. Tres culturas, tres relixións, tres maneiras distintas de entender o mundo.

TRAMPA DE LUME; Núria Martí.

O 25 de marzo de 1911, un grande incendio na fábrica Triangle de Nova York provoca a morte de 146 persoas. A maioría delas eran mulleres que traballaban baixo unhas condicións pésimas. Este feito levou cara a unha revolta das mulleres que obrigou a cambiar as leis laborais. O incendio é a orixe histórica do Día da Muller Traballadora e da historia desta novela.