Author Biblioteca Andersen Secundaria

Empezamos novo curso! Presentámonos ao alumnado novo en secundaria.

Despois de múltiples problemas provocados por algún pirata, non deses que tiñan barcos, senón informático, bota de novo a andar o blog da biblioteca. Por fin… Unha das primeiras actividades da biblioteca do colexio neste curso 24-25 foi a presentación… Continue Reading →

Presentación do PDI 23-24: Darlle a volta ao mundo

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura, todas as administracións autonómicas… Continue Reading →

Antón Pulido inaugura a Fraga da Palabra

O día 2 de marzo marca unha data importante no calendario do noso centro, xa que inauguramos o novo espazo que ocupará a biblioteca A Fraga da Palabra. Exerceu como padriño do acto o recoñecido artista plástico galego Antón Pulido… Continue Reading →

Día de Rosalía 2023

Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Biblioteca organizou diversas actividades para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro. Por unha banda, todo o alumnado sumouse á proposta da AELG levando a cabo as seguintes actividades:… Continue Reading →

Visitamos o Museo do Mar e as Salinae

O martes, 14 de febreiro, parte do alumnado da ESO visitou o Museo do Mar e as Salinae. En ambas as dúas visitas, realizaron obradoiros relacionados coas actividades que esas entidades desenvolven: No Museo do Mar realizaron o obradoiro titulado… Continue Reading →

MÁIS NOVIDADES RELACIONADAS CO PDI

Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. Afundación e The Hispanic Society. Premio Paraugas 2017 ao mellor libro de arte, outorgado polo Clúster da Comunicación Gráfica Eis o catálogo da exposición que tivo lugar en Pontevedra… Continue Reading →

Intelixencia artificial e algoritmos

Dentro da que demos en chamar Semana da Ciencia, que se desenvolve entre os días 1 e 15 de febreiro, terán lugar diversas actividades en diferentes espazos do colexio. Unha delas consiste na asistencia a dúas charlas relacionadas, unha coa… Continue Reading →

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, no colexio realizamos un acto simbólico que relacionamos co PDI deste ano: A Historia entre Costuras. DESENVOLVEMENTO DO ACTO: Todo o alumnado e profesorado xuntámonos nos exteriores dos edificios… Continue Reading →

NOVIDADES DE XANEIRO: Mi perro y yo, Esperando o leiteiro, Invisible.

ESPERANDO O LEITEIRO; Xosé Neira Vilas Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires. Nesta… Continue Reading →

MÁIS NOVIDADES DE XANEIRO: Dous libros que molan

Incorporamos á biblioteca dous libros sobre para coñecer o propio corpo e, en concreto, dous momentos nos que ás veces estamos un pouco perdidas/os… EL SEMEN MOLA; Anna Salvia e Cristina Torrón. Os mozos son os grandes esquecidos da educación… Continue Reading →

« Older posts

© 2024 — Powered by WordPress

Theme by Anders NorenUp ↑