Xa está na biblioteca a maleta viaxeira que nos cedeu en préstamo a entidade “Bibliotecas Escolares de Galicia”, dependente da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Desta volta, solicitamos a que contiña unha selección de álbums ilustrados. En total, son 28 libros que están á nosa disposición ata o día 3 de novembro. Lembra que podemos velos e lelos na biblioteca, pero non está permitido o seu préstamo para casa.

Aquí abaixo podes ver a listaxe completa.

Contido-maleta-viaxeira-outubro