Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura, todas as administracións autonómicas e, por suposto, nós.

A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.”

Aproveitamos a data para presentar o PDI deste ano, que ten como nome: “A historia entre costuras“.

Familias.-PDI-22-23-A-historia-entre-costuras.docx

A celebración estará apoiada en dous textos de orixe cuxa orixe se perde na memoria dos tempos: o mito de Ariadna e a lenda oriental do fío vermello. Podes ler aquí o programa do acto.

Presentacion-do-PDI.-Os-fios-do-querer