O día 25 de novembro é o escollido a nivel internacional para recodar a necesidade da erradicación da violencia contra as mulleres na nosa sociedade.
Con tal motivo, este ano contamos coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que artellou dúas iniciativas que temos a sorte de traer ao colexio:
- Por unha banda, a exposición titulada A violencia sexual na xuventude. Infórmate, que poderá ser visitada nos corredores e na biblioteca do colexio.
- Por outra banda, o obradoiro titulado Cinema e liberdade, que poderá ser visto polo alumnado de ESO o xoves, día 24 de novembro. O obradoiro constará de dúas partes: Na primeira, o alumnado verá a película-documental titulada Tódalas mulleres que coñezo, da directora Xiana Teixeiro. Na segunda, paticipará nas actividades
facilitadas por unha experta en xénero e educación da Oficina da Muller do Concello de Vigo.
Ademais destes dous actos, nos corredores e nas aulas do colexio desenvolveranse diversas actividades o mesmo día 25:
dossier_tmc_cast_xs- Xogos destinados á concienciación do alumnado sobre diversos tipos de violencia exercida contra as mulleres facilitados polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, por medio da FAD.
- Instalación de paneis con frases que as mulleres escoitan/escoitamos no día a día e que constitúen mostras de micromachismo que adoitan pasar desapercibidos.
- Proxección de vídeos con exemplos de violencia implícita cara a muller. Como por exemplo, este:
- Elaboración dun mural conxunto nos portais de entrada do colexio para concienciármonos deste problema que afecta a mulleres de todas as idades. Para este mural solicitamos a participación e colaboración das familias.
- Debate en torno a dous exemplos de actualidade sobre a violencia contra as mulleres en dous países do mundo: